Amplo operativo para atopar a Sra. desaparecida na Lampaza (Rairiz de Veiga)

3
Amplo operativo para atopar a Sra. desaparecida na Lampaza (Rairiz de Veiga)

O resultado foi positivo antes das dúas horas do comezo.

Durante a noite de onte formouse un operativo no que participaron os grupos de Protección Civil de Xinzo de Limia, Porqueira e Rairiz de Veiga. Estes grupos estaban coordinados polo Capitán e Tenente da Garda Civil de Xinzo e a unidade cans e apoiados con drons de Axega.

151

O operativo comezou as 8 horas hoxe no cuartel de Xinzo, atopando a desaparecida os voluntarios de Protección Civil nunha casa abandonada no pobo de Padroso.

Segundo informan, a señora atopábase aparentemente ben, aínda que foi trasladada nunha ambulancia do 061 a urxencias de Xinzo.