Andaina solidaria dende Viladerrei a Xinzo

137
Andaina solidaria dende Viladerrei a Xinzo

Partirá dende o parque do Pombal e percorrerá 13 Km pola Vía da Prata

O domingo 23 de abril a plataforma dos amigos das árbores da Limia, como continuación as accións encamiñadas a concienciación da xente na súa idea de que non se faga a tala das árbores da avenida de Celanova e se modifique o proxecto da Xunta, organizará unha \“andaina solidaria\”

A saída realizarase en autobús as 10 da mañá dende o Parque do Toural (en autobús) para trasladar aos participantes ata Viladerrei para dende alí percorrer os 13 Km que separan este pobo polo camiño Mozárabe da Vía da Prata, ata Xinzo.

COMIDA NO TOURAL E APADRIÑAMENTO

A inscrición de 8 euros dará dereito a comida campestre que se fará ao final do percorrido no Parque de Xinzo as 15 h.

Ademais na andaina faranse xogos de orientación-cartografía con xogo de pistas e contacontos, ademais de sorteo de agasallos ao remate da xornada e algunha que outra sorpresa máis.

Antes do xantar haberá un apadriñamento das propias árbores da avenida de Celanova.

A inscrición haberá que facela antes do día 20 aos teléfonos 988374 318 / 988550028 / 657 185348