ANIMACIÓN NAS RÚAS E PRAZAS DO CASCO VELLO

14
ANIMACIÓN NAS RÚAS E PRAZAS DO CASCO VELLO

O esquecemento vai máis alá de Romanos e de Castrexos

Nesta mañá de sábado as rúas do casco vello onde se atopan os postos dos artesáns era un bulideiro de xentes, algunha delas estraña.

Os máis cativos querían fotografarse co xigante dos cornos e outros quedaban asustados de cómo \“aquel home\” cravábase unha punta no nariz.

O resto da xente gozou da , parece ser que foi, a última mañá con sol deste fin de semana.

A festa non obstante continúa segundo o seu programa.

CRUZAMENTO DO RÍO LETHES

Paso do rioMañá domingo teñen previsto chegar as veiras do río Lethes sobre as 17:30 as tropas de Décimo Xuño Bruto, para media hora máis tarde escenificar o paso do rio do esquezo. A continuación e para rematar a \“fazaña\” haberá unha batalla incruenta no parque do Toural o carón das veiras do río Lethes, para despois continuar con un desfile de vencedores e vencidos polas rúas de Xinzo.