“Animado” mitin de Vox en “Ginzo de Limia”

“Animado” mitin de Vox en “Ginzo de Limia”
O mitin contou cun amplísimo despliegue policial na praza Carlos Casares

Toda a “parroquia”, a maioría foráneos, que se achegaron ata a praza de Carlos Casares para ver e escoitar o mitin de Javier Ortega Smit, secretario xeral de Vox, quedaron satisfeitos.

Aos primeiros, que os intervenientes deixaron satisfeitos, foron a os seus seguidores, escasos e a maioría foráneos dende o minuto un cando todos dixeron estar satisfeitos de atoparse en Ginzo de Limia.

Cando foron pasando os minutos antes da chegada do secretario Xeral, fóronse achegando a praza os “outros” asistentes ao mitin que responderon a cada unha das frases do líder de Vox, con berros e insultos como “fascista” “fora”.

AMPLA PRESENZA POLICIAL

                               Dende case media tarde ata a praza e arredores foron chegando efectivos da Garda Civil, moi ben pertrechados e uniformados, así como outros de paisano que estiveron totalmente atentos aos pasos dos que pretendían boicotear o acto, dende mozos de extrema esquerda nacionalista (vendo a súa bandeira), como nacionalistas e algúns veciños de Xinzo de nacionalidade marroquí que se desgañitaban ondeando a súa bandeira proferindo berros a cada frase que pronunciaban os do mitin.

Unha vez rematado o acto e despois de escoitar o himno nacional español pola megafonía do mitin subiron de ton tamén os insultos dos boicoteadores, vixiados moi de preto polos efectivos policiais.

NADA NOVO NO DISCURSOS DE ORTEGA SMITH

Comezou o seu discurso, para quentar o ambiente dende o principio, arremetendo contra Feijoo, polas súas declaracións de que en Galicia VOX, non tiña sitio, ao que contestou o interveniente que eles non lle ían pedir permiso ao Sr. Do pazo, nin para entrar, nin para quedarse.

Ortega Smith considerou “ tristísimo o acoso” que sofre a formación e lamentou os insultos recibidos por varios mozos durante a pegada de carteis no País Vasco por parte daqueles partidos políticos que “fomentan o odio” con mensaxes e chamadas de “alertas antifascistas” impulsadas polo vicepresidente do Goberno Pablo Iglesias. “Que perdan toda esperanza se cren que VOX vai retroceder un paso que nos van a amedrentar”, advertiu o deputado de Vox, quen insistiu en que “se equivocaron se cren que o partido vai dar un paso atrás”.