O ANPA do Carlos Casares organiza un torneo de xadrez

CEIP CARLOS CASARES
O ANPA do Carlos Casares organiza un torneo de xadrez

Levarase a cabo o luns 19 de marzo

O próximo luns 19 de marzo celebrarase o primeiro torneo aberto de xadrez no C.E.I. P. Carlos Casares, organizado pola ANPA do centro escolar.No mesmo poderanse anotar todo o alumnado do colexio.

20 participantes e premios para os primeiros clasificados

Será un torneo de ata vinte participantes que se enfrontarán en cinco quendas segundo o sistema de competición suízo. Todo o torneo será supervisado polo mestre FIDE David Baltar Igrexas, veteran xadrecista ourensán. O horario da competicón será dende as 15:30 ata as 17:30 na biblioteca do colexio e haberá trofeos e medallas para os mellor clasificados.