miércoles. 06.07.2022

Anticípase o pago da extra de verán aos pensionistas

A maioría dos bancos decidiron anticipar o pago da extra tres días. A maioría de xubilados recibirana en torno ao 22 de xuño, mañá.

Moitos bancos decidiron adiantar o pago da extra de verán, polo que algúns pensionistas cobrarán antes este mes a pensión ordinaria máis a extra.

Segundo a Seguridade Social, as prestacións pagaríanse de maneira obrigatoria do primeiro ao cuarto día natural do mes pero dende a pandemia os bancos adiantaron esta paga para poder darlle aos pensionistas os cartos por adiantado e axudarlles económicamente, xa que a subida de prezos é unha das cuestións máis sufridas por este colectivo.

 

ADIANTO DE TRES DÍAS DA PAGA EXTRA DE VERÁN.

Como cada entidade bancaria pode establecer a súa data de cobro, a diferenza do prazo habitual de cobro da paga extra de verán (arredor do 25 de xuño), este será adiantado tres días aproximadamente.

Esta paga comezou a xestionarse polos bancos o día 20 de xuño, é dicir, onte. Ainda así, non será ata mañá, 22 de xuño, cando moitos dos xubilados reciban esta paga extra.