Antón Rivero Coello estivo asinando libros en Verín

95
Antón Rivero Coello estivo asinando libros en Verín

Na caseta que ten na feira do libro do Lázaro o ESPAZO LECTOR NOBEL de Xinzo

Na tarde do sábado Antón Rivero desprazouse ata Verín para asinar libros na caseta que na feira ten instalada o novo espazo lector que dende fai uns meses abriu as súas portas en Xinzo denominado ESPAZO LECTOR NOBEL.

Moitos foron os verineses que se acercaron ata a caseta para adquirir a última obra do escritor limián dedicada a memoria de Carlos Casares, que dentro de pouco mais dun mes recibirá as honras de tódolos galegos no día das Letras Galegas 2017, cuxo acto principal se celebrará na nosa vila.