Antonio Luz, o cantante limiao, co alumnado do Rosalía de Castro
Magnifica xornada implementando un método de dinamización lingüistica nas aulas (Antonio Luz)
Grazas á iniciativa do Concello de Xinzo de Limia hoxe Antonio Luz estivo participando nunha xornada no ceip Rosalía de Castro.

Primeiro realizou unha entrevista na que lle fixeron unha selección de alumnas e alumnos dos distintos cursos de Primaria e Infantil e que todos os cursos puideron seguir por videoconferencia e ás que contestou con grande agarimo e empatía.
E despois .... o gran broche final !! Un concerto en directo no que interpretou os seus temas máis coñecidos e os do o seu último album.
Todo o alumnado vibrou co seu "Entroido" !! Non podía ser doutro xeito !!
Alumnado e profesorado do noso centro pasaron unha mañá distinta que será difícil de esquecer!!

