Aparatoso accidente sen feridos
21:50 17/02/22
21:50 17/02/22
Unha furgoneta arrollou por alcance a un pequeno camión
Pasadas as seis da tarde, na rotonda de entrada a Mercadona, unha furgoneta, previsiblemente, non viu a camioneta, e adentrouse na rotonda levando por diante a camioneta que co golpe quedou coas rodas para arriba.
SEN FERIDOS
Ningún dos condutores dos vehículos resultou ferido. O tráfico estivo máis de 5 horas restrinxido na zona a espera dunha grúa para levantar o camión que conta cunha grúa pequena.
