17 de abril de 2021, 0:39
Esta tarde un coche comezou a arder cando circulaba pola A-52 a altura de Xinzo. O condutor foi avisado por outros condutores, de que o vehículo comezaba a arder. Afortunadamente non tivo consecuencias para o condutor do mesmo.
Ao sinistro acudiron os bombeiros do parque de Xinzo, unha dotación da Garda Civil e o grupo de voluntarios de Protección Civil de Xinzo.