Aprazado o magosto do concello no barrio dabaixo

magosto populaqr
Aprazado o magosto do concello no barrio dabaixo

Nin o sábado, nin hoxe, nin mañá

Parece que o magosto popular que todos os anos se celebra no barrio dabaixo, organizado polo concello se apraza, agora parece que ata o venres.

Todos estaban esperando que fose o sábado pasado, pero por motivos de intendencia parece que en principio pódese celebrar o próximo venres, non como apunta algún medio de comunicación que se celebrará o martes as 20 horas.

Dende a propia concellería de cultura dixéronnos que ata o cartel xa está feito pero por motivos de intendencia este ano se celebrará posiblemente o sábado día 15. Neste caso faríanse a competencia o municipal e o organizado polo partido Popular de Xinzo.