Un árbore , xornais do día e poemas

3
Un árbore , xornais do día e poemas

Unha \“caixa do tempo\” foi enterrada hoxe e será xeolocalizada ata que a decidan abrir, pasados polo menos outros 30 anos

No aniversario dos 30 anos de irmanamento de Xinzo de Limia e Ponte de Lima,os alumnos/as que participaron no abrazo o nos río tamén quixeron deixar constancia para o futuro.

Despois de ler uns poemas dedicados o río no parque que está a carón do río enterrouse unha caixa de aluminio que contiña dous xornais do día de hoxe. Un de Ourense e outro de Portugal ademais dos poemas que se acababan de ler e un escrito referido a este día.

Esta caixa estará nuns días xeolocalizada para que as xeracións vindeiras, cando o decidan, suponse que cando pasen outros 30 ou 130 anos, a abran e recorden como éramos nesta época.

Ademais plantouse tamén unha árbore o carón para ter presente tamén o sitio e perdure na natureza este símbolico día do abrazo o río Limia.