A Carballa da Rocha é un dos poucos monumentos naturais con que conta Galicia, foi declarada como tal no 2007. Árbore senlleira situada na parroquia da Saínza dentro do corazón da Reserva da Biosfera (Allariz, A Bola, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga).
Como ben sabemos estes monumentos naturais están protexidos por lei así como a súa contorna polo que este ARBORICIDIO é aínda máis inexplicable e inxustificado.

A Carballa da Rocha é un "Quercus robur" o carballo de maiores dimensións da Península Ibérica (30 metros de altura e un perímetro de 690 centímetros).
Nas imaxes pódese ver a unha da irmás da carballa tallada polo pé e a outra desmoucada/decapitada...Na contorna deste monumento natural e na área da reserva da biosfera están tallando polo pé e desmoucando carballos centenarios sen xeito e sen ningún tipo de control.
Lembrar que Galicia é o territorio con menos espazo protexido de Europa un escaso 12% cando a media europea é de máis do 30%.
En Galicia o Goberno da Xunta e as consellerías responsables de xestionar o patrimonio natural e vixiar o cumprimento da lexislación (neste caso a Consellería de Medio Ambiente e a do Medio Rural) actúan con total desleixo e aplican o "deixar facer deixar pasar".
"Só aquel que coñece o valor das árbores sente o desexo de protexelas" 🌳🏞️🌍