martes. 21.03.2023

Arde en Sandiás unha nave de polos sen actividade sen que houbese que lamentar danos persoais

Non había animais dentro
IMG-20190918-WA0014

Os Bombeiros de Xinzo traballaron arreo para atallar as lapas que se propagaron nunha nave de polos situada en Couso de Limia, na estrada OU-531, no concello de Sandiás. Segundo informaron, tratouse dunha nave en construción, sen actividade, polo que non había animais no seu interior. Tampouco, por fortuna, houbo que lamentar danos persoais.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio, ao redor das 14:00 horas deste mediodía, cando varios particulares informaron da presenza de fume e de lapas na zona.

A partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Xinzo, Garda Civil, Policía Local, efectivos de Protección Civil da localidade e de Xinzo de Limia.

cats

Finalmente, unha vez rematadas as tarefas de extinción e arrefriada a zona, os Bombeiros comunicaron que a nave, en construción, ardera na súa totalidade e que parte do teito se derrubara.