As areneras serán o epicentro de labores de restauración e conservación da natureza

restauracion
As areneras serán o epicentro de labores de restauración e conservación da natureza

A Sociedade Galega de Historia Natural organiza esta actividade

O sábado 17 de outubro está dedicado a labores de restauración do entorno das areneras na Limia. A Sociedade Galega de Historia Natural organiza esta actividade coa que se pretende conservar a natureza e a multitude de especies que habitan as zonas da Limia. Os traballos vanse centrar nas parcelas alugadas ó Banco de Terras de Galicia. En concreto os participantes encargaranse da sinalización, adecuar a flora e conseguir así unha vexetación óptima para que moitas especies poidan reproducirse. Apúntan dende a SGHN que fauna como o chorlitejo chico, precisa de espazos que sexan abertos e estean libres de vexetación con area para poder ter o seu niño.

As labores de restauración comezan a partir das9 da mañá. O grupo de traballo reúnese na gasolinera Antela ás 9 e dende aí diríxense ás areneras onde estarán traballando ata as 14h. Farán unha pausa para a comida das 14h a 16h e logo continuarán coa faena. O grupo de traballo ten previsto visitar a veiga de Gomareites, en Vilar de Barro. Alí poderán apreciar o resultado da actividade de recuperación de hábitats que se levou a cabo hai unha semana e que consistiu na retirada de lixo que afecta ó xeito de vivir da fauna. O ano pasado chegaron a sacar 16 metros cúbicos de lixo. Na veiga tamén poderán ver as labores de desbroce que fixeron, todo para favorecer o asentamento de moitas especies, entre elas a conícora (Vanellus Vanellus).

Vanellus_vanellus_web

A Sociedade Galega de Historia Natural leva dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego, e en especial coa súa sección Antela, como eles din "tratando de amosar que outra Limia é posible".