Arepas, tequeños, cachapas....

IMG-20210920-WA0040
Arepas, tequeños, cachapas....

Dende mañá xoves 23, xa será posible degustar estas delicias venezolanas en vivo e en directo

Juan Jardón e Elena López, van a ser os responsables de cociñar e servir estas viandas da cociña venezolana, aínda que por suposto tamén ofertarán tapas da cociña galega, e como non algunha que outra que mesture ambas culturas, como pode ser a empanada venezolana, que entre outras cousas leva, ademais de masa feita con fariña de millo plátanos, por exemplo.

CAFE BAR 20-21

IMG-20210920-WA0037Juan Jardón ten ascendentes en Baronzás e Vilar de Santos e xunto coa súa parella Elena López, viñeron de Venezuela a finais do ano pasado.
Alá dedicáronse a hostalaría, e queren agora emprender unha nova vida abrindo un bar na rúa dos viños de Xinzo, tendo como especialidades tapas e pinchos daquela terra, e tamén desta, que para eles agora tamén será a súa.
Outro novo establecemento gastronómico na rúa dos viños, que pouco a pouco vai recobrando, e esperemos que continúe o esplendor doutros tempos pasados.

Onte xa houbo algúns amigos afortunados que tiveron ocasión de degustar, para logo dar a súa opinión, todas estas delicatesen, e parece que non sobrou nada.

asfdqsawdfqwefs

Moita sorte aos dous