Asemblea extraordinaria de Civitas Limicorum

DIRECTIVA ESQUECEMENTO ACTUAL
Asemblea extraordinaria de Civitas Limicorum

Convocada para o día 2 de abril ás 16:30

A xunta directiva (dimitida) da asociación Civitas Limicorum, encargada da organización da Festa do Esquecemento convocou asemblea extraordinaria para o próximo día 2 de abril a partir das 16:30.

Na orde do día, ademáis da presentación das contas do 2021 e a presentación oficial de dimisión da actual directiva, na orde do día está a elección da nova directiva.

Prazo ata o día 26

Ata o día 26 está aberto o prazo de presentación de candidaturas para facerse cargo da asociación. Segundo puido saber dendealimia, a data de hoxe 24.03.22 -20:00, non había ningunha candidatura presentada.

Os representantes da directiva actual, esperan que ata mañá aparezan socios que queiran seguir co feito nestes 20 anos de vida.