A Asociación Cultural Teatro Aneis celebra a súa gala de Nadal con seis representacións

teatro
A Asociación Cultural Teatro Aneis celebra a súa gala de Nadal con seis representacións

A cita é o sábado na Casa da Cultura de Xinzo

O sábado é o día do teatro en Xinzo. A xente de Teatro Aneis celebra unha gran gala de Nadal que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura.teatro

Sobre o escenario poderemos ver a representación das obras "Xogos e contos", "O carteiro", "O autobús", "O mago da imaxinación", "Como nos portamos" e "A lotería". Os actores e actrices van dende os dous anos ata adultos. A cita é a partir das 20h da tarde.

A Asociación de Teatro Aneis naceu hai uns meses como unha solución para non deixar a máis de 50 persoas sen clase, tras o anuncio do Concello de que non podían costear o teatro. Hoxe por hoxe grazas o esforzo de quen a montou e dos seus colaborades, a vila pode presumir de ter unha das escolas de teatro máis grandes de toda Galicia a nivel concello.