A asociación da Pantalla non tomou ningunha decisión sobre o seu futuro local, pendente da reunión coa Deputación

IMG-20180928-WA0003
A asociación da Pantalla non tomou ningunha decisión sobre o seu futuro local, pendente da reunión coa Deputación

A Deputación Provincial manterá unha reunión con eles esta semana

O venres o pleno da Deputación Provincial levaba a súa aprobación o convenio para facerse cargo da xestión do Museo Galego do Entroido.

A sorpresa xurdiu, cando a deputada pola Limia Elvira Lama, concelleira en Xinzo, presentou dúas enmendas aos textos. Unha ao convenio e outra a composición do consello asesor para que esté un membro da asociación na que manifestaba a situación dos locais da Asociación da Pantalla, que levan utilizando dende hai moitos anos. Resultou que o organismo responsable da xestión do acordo, non tiña noticias de que unha das salas do museo estivera ocupada pola asociación. As enmendas foron aprobadas polo grupo de goberno, como así aparecen no acordo.

Para ver o acordó completo prema aquí.

ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN DA PANTALLA

Ese mesmo venres pola noite a asociación facía unha asemblea xeral a cal asistiu o concelleiro de Cultura, para explicar a situación, atopándose coa incredulidade por parte IMG-20180928-WA0004dos membros da asociación, no tocante a que o concello non lle advertira a Deputación dos locais que ocupan dende fai moitos anos. Así mesmo “afearon” a conduta do concello, posto que segundo eles, de non ser pola deputada Elvira lama, eles non contarían para nada nese acordo, porque eles “non existían para a Deputación.

Segundo manifestou algún dos presentes, neste momento xa teñen buscado un local máis céntrico para trasladar posiblemente a súa sede, utilizándose tamén para facer as actividades previstas ao longo do ano. Porén tamén barallaron , se as negociacións coa Deputación chegan a bo porto, o manter o local actual pero como almacén.