A Asociación A Pantalla está a realizar unha nova actividade relacionada co mundo da radio

24232543_1949107335341184_6320543102712581823_n
A Asociación A Pantalla está a realizar unha nova actividade relacionada co mundo da radio

A actividade consiste na gravación de podcasts que poden ser escoitados na aplicación iVoox que calquera pode descargar no seu móvil. Unha vez descargada a aplicación, só ten que buscar Asociación A Pantalla e pode escoitar os podcasts gratuitamente. Si se suscribe, cada vez que se colgue un podcast a propia aplicación avisa da novidade.

Ata agora os podcasts publicados son tres.

O primeiro é unha presentación dos propios podcasts.

O segundo é unha entrevista ao membro histórico e fundador da Asociación A Pantalla Xesús Fariñas.

O terceiro é unha entrevista a Laura López Gómez actual Presidenta da Asociación A Pantalla.

A intención é diversificar o contido engadindo podcasts de temas específicos como as partes do traxe da Pantalla, facer programas para nenos nos que sexan os nenos os protagonistas, entrevistas a persoas relacionadas co Entroido de Xinzo e tamén entrevistas a persoas de outros entroidos galegos. Tamén a persoas relacionadas co mundo das máscaras.

O presentador ata agora é Pepe Calleja e nos controis está Oscar Gómez.