5 de diciembre de 2014, 20:35
O sábado 6 de decembro ós atletas de capoeira GICAP (Grupo independente de Fusión ó cargo do graduado Sasquas, desplazaranse ata Vilagarcía de Arousa para asistir ó 3º GINGA GICAP ESPAÑA.
Durante toda a xornada ademais das clases prácticas de acrobacias impartidas polo profesor Magrela(Segovia), celebrarase o bautizo e cambio de grado dos atletas participantes.
Ó cargo do evento encontrase "Contra Mestre" Camugerê e ó "Mestre" Cavalo (Brasil), fundador de GICAP
O pasado martes dia 2 visitou as instalacións de Fusión en Xinzo o mestre Cavalo de Brasil, para dar unha clase maxistral ós compoñentes do grupo de Xinzo.