Atraccións e xogos para os máis pequenos en Limialandia

liamial
Atraccións e xogos para os máis pequenos en Limialandia

O parque de Nadal Limialandia chega por primeira vez a Xinzo e terá lugar no pavillón de deportes. liamial

No seu interior os máis pequenos poderán gozar de actividades como maquillaxe, globoflexia, videoxogos, pista de minigolf, pista de coches teledirixidos e unha longa lista de propostas.

Os pequenos e maiores poderán ver exhibicións das escolas de baile da vila e de deportes como karate ou kick boxing.

Nos arredores do pavillón instalaranse grandes atraccións.

Limialandia estará aberto do 22 de decembro ó 3 de xaneiro. O día 20 comezarán coa montaxe de todo o parque de atraccións. As entradas custan 5 euros.