Aves migratorias e cambio climatico

Cartaz anunciador
Aves migratorias e cambio climatico
Charla coloquio en Lodoselo o sábado 21 ás 16:30
O CDR O Viso ven de programar unha charla coloquio en Lodoselo, no albergue do Pobo-escola (no que era a antiga casa reitoral) ás catro e media da tarde (16.30h) poderemos participar nunha interesante charla sobre as Aves migratorias e o cambio climático. Da man do Víctor e Tomás que xa organizaron e participaron na que se realizou no Ateneo (Ourense) e grazas tamén a Antonio Ferreirós Lama (e Sula) e a Serafín González Prieto, membros e Presidente da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural).
A curiosidade que as migracións das aves sempre espertaron, datos espectaculares, datos que parecen de fantasía e que siguen impresionándonos; a nosa anduriña que con só 20 gramos e unha apariencia delicada regresan cada ano despois de recorrer máis de 5.000 kilómetros, resistindo tormentas de auga, de area... para, entre otras accións, eliminar ata 1.700 moscas e mosquitos por día, que é o caso dunha parella que esté alimentando a súas crías.
A importacia das zona húmidas na Conservación da Biodiversidade, cómo a actividade humana e o cambio climático as están afectando; con datos da nosa comarca, da Limia.