A avéspora asiática non ten presencia na Alta Limia segundo os expertos

velutina
A avéspora asiática non ten presencia na Alta Limia segundo os expertos

Polo momento non se aclimata ás altas alturas

Os expertos en apicultura sinalan que polo momento, a coñecida como "velutina" tardará en chegar á Alta Limia. O motivo que apuntan é que á avéspora asiática non lle gusta subir alto. "Téñense oído casos da presencia desta especie na zona de Lobios", apunta Jaime Peralta, apicultor e experto na materia. O certo é que na Baixa Limia xa apareceu este insecto, como se pode apreciar no mapa elaborado pola Xunta de Galicia, no cal tamén vemos que concentrouse pola costa de Galicia, sobre todo en A Coruña e Lugo e agora tamén pola zona do sur das Rías Baixas.

velutina

Jaime Peralta matiza que "acabarán subindo polas cuncas dos ríos pero é que o río Limia estálle moi alto, está a 600 metros, e como digo de momento non se aclimatan as altas alturas".

A avéspora asiática distínguese porque no seu corpo ten uns aneis en cor negro e as súas patas son negras coas terminacións en amarelo. Ademais a súa maneira de reproducirse é peculiar, fai colonias de ata 2000 individuos fronte ós 200 da avéspora crabro que é a común en Galicia. vespa_velutina1

O maior problema da velutina é que persigue as abellas e entra dentro das colmeas para comelas, estes insectos supoñen o 84% da súa alimentación. A crabro, pola contra, come ás abellas pero fóra da colmea.

Segundo Jaime Peralta, o despoboamento das colmeas na nosa zona, é máis cousa da varroa, un ácaro que ataca ás abellas e que veu de Asia. Este parásito vivía na abella asiática pero convivía con ela, no momento no que esa abella se cruzou coa abella común que temos aquí contaxiouse e a varroa converteuse na maior enfermidade destes insectos.O problema é que este ácaro aliméntase do mesmo que a abella e debilítaa e incluso lle provoca mal formacións, como a falta de alas e mesmo a morte.

Con todo os expertos non descartan que a avéspora asiática remate por aclimatarse ás zonas altas e acabe chegando a toda comarca, pero de momento sen rastro de velutina na Alta Limia.