AXIL obrigado a escoller con quen vai

Amador, Elvira e Camilo
AXIL obrigado a escoller con quen vai

As decisións das directivas de PSOE e BNG, obriga a AXIL a decidir un bando ou outro.

A situación de futuro no concello de Xinzo nestes momentos trocouse un pouco difícil de solucionar.

Hoxe a tarde as direccións nacionais galegas de BNG e PSOE, segundo comunican “obríganse” entre si a apoiar a lista máis votada dentro de cada concello. Neste momento Elvira Lama conta xa co apoio do BNG co que suma 6 concelleiros, faltándolle un para a maioría absoluta.

Postos neste lugar a pataca quente quédalle a AXIL, posto que se ten que decidir, se apoia a Elvira e forma goberno con ela, sen o BNG ou apoia a PP e entraría a formar parte tamén do goberno.

Segundo puidemos saber as negociacións entre Elvira e Amador comezaron a semana pasada, na que o segundo lle puxo por riba da mesa as súas peticións. Peticións que Elvira recolleu e emprazou a Amador a unha segunda reunión, que se tiña que celebrar no día de hoxe, pero que por motivos persoais non se levou a cabo, quedando para mañá ou pasado.

Mentres o PP está a esperar acontecementos para entrar en acción, si “hai lugar”.

DEPENDENCIA DA DEPUTACIÓN

Así as cousas nos imaxinamos que un dos factores a levar a reunión depende moito do lado en que caia a Deputación. Ata se pode dar a circunstancia de que caendo nas mans do PSOE, Elvira Lama, estaría na liña de saída para ser vicepresidenta, co que as peticións de AXIL, poderían ser satisfeitas de mellor maneira. E ata hai, dentro das filas do PSOE, quen apunta a que Elvira Lama podería ser a Presidenta da Deputación, co que o pacto sería moito máis viable. Pero que pasaría se a Deputación queda finalmente nas mans do PP?.

Vendo “la que se avecina” en Madrid, nese caso a Xunta, a Deputación e o Goberno Central estarían nas mans do PP, co que o pacto en Xinzo podería cambiar totalmente de rumbo.

De momento, toca esperar.