As axudas para compensar os danos causados polo xabaril e o lobo en cultivos e gando xa se poden solicitar

jabali
As axudas para compensar os danos causados polo xabaril e o lobo en cultivos e gando xa se poden solicitar
haberá máis de 2 millóns de esuros para acadar 2.300 subvencións

A principal novidade da convocatoria de axudas polos danos do xabaril é que o importe concedido poderá chegar ata os 2.000 euros fronte aos 1.700 da anterior.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de convocar dúas ordes de axudas para paliar os danos producidos polo lobo sobre o gando e para compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas. Todos os interesados nalgunha destas liñas de subvención, que suman máis de dous millóns de euros, poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá en caso de que os danos foran comunicados dentro do período fixado en cada unha das ordes.

Tendo en conta o orzamento dispoñible e o resultado das convocatorias anteriores, estímase que en 2021 poderán beneficiarse de ambas ordes de axudas arredor de 2.300 titulares de explotacións gandeiras e persoas que sufran danos nos seus cultivos agrícolas.

23ccd38a9d038811b452d2ec8450a60aConcretamente, a nova convocatoria para paliar os danos producidos polo lobo conta cunha partida inicial de 646.224 euros, o que supón un incremento do 61,5% respecto aos 400.000 euros cos que contou o ano pasado. Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen dende o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021. A estimación da Consellería de Medio Ambiente é que cos fondos dispoñibles este ano se poderán chegar a conceder unhas 800 axudas.

As contías concedidas variarán en función das especies afectadas e dos tramos de idade, oscilando entre os 26 euros dun exemplar de gando ovino/cabrún adulto e os 1.817 euros dunha vaca de raza autóctona de entre dous e seis anos de idade.

Estes importes poderán incrementarse nun 30% en determinados concellos indicados na propia Orde e nun 10% no caso daquelas explotacións nas que se teña comprobada a aplicación de medidas preventivas avaliadas de xeito favorable. Tamén serán subvencionables os gastos veterinarios, de eutanasia e por animais abortados como consecuencia do acto de depredación.