En Baltar fálase sobre ICHING este fin de semana
Máis de 20 persoas asisten a un seminario intensivo sobre ICHING impartido polo prestixioso Doutor Mexicano Roberto González González.
Este fin de semana, non solo hai a festa Popular en Baltar, se non que a Casa da Cultura Nelson Zumel, acolle un seminario sobre ICHING impartido polo prestixioso a nivel internacional, doutor Roberto González González, acompañado pola súa dona, tamén doutora Amalia Dávila, os cales falarán sobre ICHING, que tal como nos explica o poñente é o libro máis antigo da humanidade é o libro que definiu o rumbo de China na parte filosófica e cultural.

O doutor Roberto González, é médico occidental nun hospital en México e estudou en China a carreira de Medicina China, fai máis de 30 anos, sendo un dos poucos licenciados en Medicina China, que non sendo Chinés, traduce os libros de medicina escritos en Chino.
Da moitos cursos sobre as distintas técnicas da medicina china, sobre todo de acupuntura en todo o mundo e esta vez foi invitado a dar este seminario de ICHING ao que ademais de asistentes ourensáns tamén están especialistas de varias provincias españolas e ata franceses.
Os organizadores agradecen ao alcalde a cesión das magníficas instalacións do Museo Nelson Zumel da localidade de Baltar.
