Baltar recibiu no Pazo Provincial a directiva da asociación de veciños da Moreira

MB_vecinos_Moreira
Baltar recibiu no Pazo Provincial a directiva da asociación de veciños da Moreira
O Presidente provincial destacou a disposición da Deputación a buscar as fórmulas de cooperación máis axeitadas para dar resposta as súas inquedanzas

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe unha reunión coa directiva da Asociación de Propietarios, Fincas, Solares e Casas de A Moreira, en Xinzo de Limia, para escoitar os proxectos nos que traballa este colectivo, creado a mediados de xullo do pasado ano.

Ao encontro no Pazo provincial acudiron o presidente da asociación, Julio Carrera(Manila), a vicepresidenta, Rosa González, e o secretario, José Antonio Nóvoa. Os directivos explicaron a Manuel Baltar o plan de mellora da mobilidade que queren desenvolver na súa contorna, en particular no que se refire ao acondicionamento de vías de comunicación.

O presidente provincial, por su parte, destacou a disposición da Deputación "a escoitar as demandas e suxestións que nos achega a veciñanza de toda a provincia e a buscar as fórmulas de cooperación máis axeitadas para dar resposta as súas inquedanzas".

Críticos coa xestión municipal

Recordamos que esta asociación que foi creada fai un ano, sempre mantivo ata agora unha postura moi crítica polas actuacións do grupo de goberno, coa zona, incrementadas ultimamente coas obras da Sitibal e co anunciado proxecto da pista que se vai a construír ata o campo da Moreira e os seus arredores.