Bande e Sarreaus presentan a súa programación para o Entroido 2016

entroidos
Bande e Sarreaus presentan a súa programación para o Entroido 2016

Os Troteiros de Bande darán comezo ó seu Entroido cunha visita ós pobos do concello, que terá lugar o 30 de xaneiro a partir das 9.45h. O seguinte día de troula será o domingo 7, ás 11h os Troteiros sairán da Praza da Constitución e percorrerán as principais rúas de Bande acompañados do grupo "Os gaiteiros de Cadós". Ás 17h terá lugar un desfile de comparsas e carrozas coas actuacións de a "Charanga de Bande" e "Os Bandiños".

Dende a organización sinalan que haberá premios de ata 100 euros para os que participen no desfile e bica e chocolate e sorteos de agasallos para quenes acudan disfrazados. O martes día 9 na Praza da Constitución e dende as 11h haberá actuacións musicais como a de "Os gaiteiros de Cadós". Pola tarde terá lugar un baile de máscaras animado por un DJ e ás 19,30h será a quenda da "Zumba Choqueira", unha actividade pensada para os máis cativos. O mécores 10 de febreiro terá lugar o tradicional "enterro da sardiña" ás 20h, e no que participarán capuchóns e viúvas e a "Charanga de Bande",ó remate farase unha queimada.

O Concello de Sarreaus tamén presentou públicamente a súa programación para o Entroido. O domingo 7 de febreiro será o seu gran día de festexo. A troula está asegurada coa música da coñecida "Charanga NBA" que actuarán a partir das 12h.

Todas aquelas persoas que os desexen poderán repor forzas coa comida veciñal a cargo de porco asado e viño a fartar, sinalan dende a organización. Pola tarde terá lugar o desfile de carrozas e comparsas a partir das 17h e onde se poderán ver ós Vergalleiros de Sarreaus. A festa estará amenizada pola música de "Folión A Caniceira" e "Batucada Xituma Batuke". O punto e final do Entroido será a cargo da actuación da orquesta Pontevedra.