Bande e Vilar de Santos érguense coa resaca da lotería de Nadal

loteria
Bande e Vilar de Santos érguense coa resaca da lotería de Nadal

A sorte rondou a provincia de Ourense e finalmente achegouse ata a comarca da Limia. No Bar 92 Rocha, en Vilar de Santos, vendeuse un dos boletos agraciados co quinto premio, foi o 00943, a través dunha terminal electrónica. Tan só se vendeu un boleto pero a dona do bar declarou estar moi contenta por contribuír a que alguén levase 6.000 euros de premio.

En Bande aínda están asimilando que caeron máis de un millón de euros na zona grazas tamén ó quinto premio e ó 00943. No municipio vendéronse case 20 series completas, un total de 170 décimos que deixaron, en concreto, 1.020.000 euros. A ledicia multiplícase polo feito de que a maioría dos números vendéronse a veciños e veciñas de Bande, entre eles o loteiro.