O Bar Arcos volve a estar de actualidade

bar arcos
O Bar Arcos volve a estar de actualidade

Segúndo nos comunica o BNG hoxe, xoves 7 de maio, ás 10:00h, producirase a entrada forzosa por orde xudicial instada polo Concello de Xinzo para executar o apeo do inmóbel

bar arcosNo seguinte enlace pódese acceder á nota informativa que publicamos en febreiro e na que dabamos conta da situación do mesmo:

O BNG solicita o desbloqueo administrativo do Bar Arcos para posibilitar a súa continuidade

Dende o Grupo Municipal do BNG de Xinzo imos seguir esixindo unha solución para este caso pola vía administrativa realmente construtiva e centrada no obxectivo irrenunciábel da rehabilitación do edificio. Así mesmo lamentamos o desleixo dos gobernos "populares" que asisten impasibeis á lenta agonía do núcleo urbano máis antigo do pobo, en comparación coa laboura de recuperación que se ven facendo dende hai décadas noutras vilas