Patricia F.S
1 de abril de 2016, 21:28
O café bar Bandos situado na rúa do Peto en Xinzo, festexa esta fin de semana a súa primeira festa da cervexa.
As persoas que se acheguen o sábado ata este establecemento, poderán gozar de cañas con variedades de especialidades en bocata por 1 euro.
Así mesmo, con motivo da importante xornada futbolística do sábado, o Bandos estres pantalla de televisión de 240x240 cm con proxector. Unha oportunidade de ver os partidos da xornada case como se se estivese no campo de fútbol.
A festa dará comezo o sábado día 2 a partir das 20h.