O bar Monforte de Xinzo inaugura o seu novo local cun concerto de Cantaralai

toño
O bar Monforte de Xinzo inaugura o seu novo local cun concerto de Cantaralai

O café bar Monforte de Xinzo reabre as súas portas tras pasar unha fin de semana pechado por reformas. O local que rexenta Antonio José Rodríguez na rúa Curros Enríquez amplía o seu espazo.

Con motivo deste cambio terá lugar unha inauguración na xornada do martes e farao por todo o alto cun concerto de Cantaralai a partir das 22.30h.

O Monforte medra en espazo e muda de cor pois tamén fixeron cambios na pintura do local. Todas as novidades deste cambio de imaxe poderanse descubrir a partir do serán deste martes 11 de outubro.