domingo 22/5/22

O último sábado en familia do ano fomos a Baronzás. Nos días pasados falamos coa Natalia, veciña do lugar e ela encargouse de que estivésemos en tan boa compaña.
Coa xeada aínda branqueando comezamos o percorrido cuns guías de luxo: a Iris, o Rodrigo, o Hugo, a Xilda e o Carlos en representación da rapazada; tamén estiveron o Toño, o Carlos, o Celso e a Camen.
Vivimos unha mañá preciosa vendo o magnífico traballo que levan facendo nas últimas semanas. Tal como nos explicou Carlos, o importante, é que nas aldeas sexamos quen de organizármonos e facer cousas por nós mesmos, que ese é o verdadeiro poder que temos como comunidade. Cada familia fixo o que puido e contribuíu no decorado de toda a aldea; o resultado non podía ser mellor: pura artesanía feita con cabeza, mans e corazón e xa se sabe que iso é unha combinación perfecta.
A Iris, o Rodrigo, o Hugo e o Carlos fixéronnos todas as explicacións dos espazos, elementos e materiais.


Estámoslles moi agradecidas por facernos soñar cunhas aldeas vivas! Viva Baronzás e a súa xente!


Grazas tamén á xentiña habitual destes encontros: o Antón, a María José, o Andrés, a Cristina, a Nuria, o Eric, a Celia, o Xoàn, a Patri por facelos posibles e ás que hoxe non puideron vir, tamén.
Desexámosvos bo nadal e que o novo ano veña cheo de camiños por andar!
Esta actividade é posible grazas ó programa O Noso Espazo, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.