Os barrios dá Telleira e Villasana póñense de festa

IMG-20180521-WA0013
Os barrios dá Telleira e Villasana póñense de festa

Os dias 23-24 de xuño, no parque da telleira

Por primeira vez os veciños dos barrios dá Telleira e Villasana de Xinzo comandados por Carlos, Jose A. e Julio, foron os encargados da recollida de cartos da veciñanza, das empresas, non solo do barrio, e do Concello para por en marcha estas festas que esperan teñan moita continuidade.

ORQUESTRAS; GAITEIROS; DJ E MOITOS XOGOS

IMG-20180521-WA0015A parte musical dos dous días de festa estará a cargo dos grupos “revelación” M-3 e Elyte , ademais de gaiteiros e un DJ, móvil.

Outro dos apartados importantes da festa será o dedicado aos máis novos con varias actividades infantís, inchables e unha festa de escuma.

O 23 pola noite haberá unha degustación gastronómica para todos aqueles que acudan co tícket de haber colaborado coa festa, e para todos os que se acerquen haberá unha polbeira, previo pago,loxicamente.

Os comisionados, na presentación quixeron agradecer a colaboración de veciños empresas dos barrios e outras de fora dos barrios e por suposto a do Concello, sen a cal a festa non podería saír Adiante.

Tamén fixeron un chamamento ó convite para todos os veciños e veciñas e que participen na Festa e deleiten das xornadas festivas desta primeira edición da festa a telleira-barril do villasana, na que queremos engrandecer e dar a coñecer o gran atractivo desta zona de Xinzo.