“Ben cartos ten o noso Concello”

cats
“Ben cartos ten o noso Concello”

Declaracións do portavoz do PP Antonio Fdez. -Toni

Esta mesma noite o portavoz do PP no Concello de Xinzo quere denunciar que na súa visita aos pobos de Queirugás, Novas, Mosteiro e Gudín, aínda están a funcionar as luces de Nadal. Segundo manifesta Toni, algún dos veciños manifestoulle cousas como: Ben cartos ten o Concello mantendo o alumeado do Nadal, cando xa tería que estar practicamente posto o do Entroido.

Segundo O portavoz isto é unha falta de respecto, cando existen pobos practicamente sen alumeado.

Rematou dicindo que isto simplemente pon de manifesto o desnortamento que existe no grupo de goberno