Bendita Locura vístese de cerimonia

B1
Bendita Locura vístese de cerimonia

A tenda de Xinzo ofrece modelos exclusivos deseñados en Galicia para eventos varios

Os eventos son comúns ó longo do ano pero cando chegan estas datas comezan a aparecer as invitacións para bodas, bautizos e comuñóns. Son datas especiais que requiren dunha vestimenta tamén especial. Por iso en Bendita Locura queren coidar á súa clientela e axudarlle na busca da roupa que mellor combina co evento e coa persoa.

A tenda situada en pleno centro de Xinzo, conta no seu interior con modelos exclusivos deseñados por xente de Galicia. Vestidos para tódolos gustos e idades. Tan ben poden mercar roupa as madriñas dunha boda como o resto de convidadas dende os 17 anos.

MODELOS

O abanico de tallas vai dende a 36 ata a 56. Roupa de deseño e persoalizada que conta co asesoramento das mozas que rexentan Bendita Locura. A parte superior da tenda é onde se atopan os modelos reservados para ocasión especiais cun amplo probador que permite gozar de intimidade e unha antención en primeira persoa.

Quen queria mercar un dos seus vestidos poderá facelo coa exclusividade de que o seu modelo non o verá repetido noutra cerimonia. Isto conségueno en parte polo feito de que normalmente só contan cun único deseño dispoñible en tenda.

vestidos

Esta tempada volven as cores alegres como o rosa en tódalas súas tonalidades. En canto ás faldas lévanse as de tule e as tipo "midi".

Todas estas novidades poderán atopalas en Bendita Locura por prezos que oscilan entre os 50 e os 100 euros.

A roupa pode a maiores combinarse cos tocados, sombreiros, colares ou bolsos e carteiras cos que contan na tenda, todos eles deseños persoais e únicos.

tocados

Algunhas das marcas coas que contan, tanto de roupa como complementos, son "Aluét" ou "La Guinda".