Nota prensa BNG:
O voceiro nacionalista, Camilo Vila, debuta na xestión municipal conseguindo un acordo importante para combater o abuso eólico que ameaza ó Concello.
O xoves día 7 Vila presentaba unha moción que foi acollida polo resto de grupos municipais coma unha medida necesaria e beneficiosa motivo polo que se converteu en moción conxunta. Vila mostrábase moi satisfeito co acordo: “demostrouse que é posible traballar cun xeito conxunto e mancomunado”
A moción, defendida no Pleno desta mañá polo vicevoceiro do Bng, Manuel Pozo, está encamiñada a instar á Xunta de Galicia para a revisión do Plan Sectorial Eólico de Galicia, solicitar unha moratoria da aprobación do proxecto A Limia-Sarreaus, elaborar e presentar alegacións propias do Concello de Xinzo de Limia e especialmente, informar á veciñanza da situación, previsión e consecuencias do proxecto do polígono eólico que pretende instalar muíños de 240 metros a escasos metros de Trandeiras, Soutelo e Pena afectado tamén ós núcleos de Pidre, Solveira e Piñeira Seca.