Un bo resultado e un bo produto

Carlos Masanet, técnico da Consellería e director dos ensaios, presentando os resultados
Un bo resultado e un bo produto

Os resultados dos ensaios de campo na variedade Kennebec foron excelentes.

Onte a mañá presentáronse nos locais da IXP. Pataca da Limia os resultados levados a cabo pola Consellería de Agricultura nos campos de ensaio do Centro Agrogandeiro do Inorde, sobre a utilización da Hodrocida Maleica para o control dos brotes da pataca unha vez almacenada.

RESULTADOS DISPARES SEGUNDO AS VARIEDADES.

Presidente da IXP, no centro

Fixéronse nove test dos cales despois se sacaron tres submostras:

  • Etiqueta verde (0 dose), o cabo de tres meses comeza a agromar.
  • Etiqueta amarela (17 l/ ha), dose autorizada recomendada polo fabricante.
  • Etiqueta laranxa (20 l/ ha) dose superior a autorizada.

O produto funciona para o control do agromado, pero funciona ou moi ben o moi mal en función das variedades das patacas e das doses utilizadas.

Diferencias nas producións obtidas:

  • Agria e Oclaire, hai unha diminución importante na produción, entre un 20% e un 30% coa dose recomendada e ata un 50% coa dose superior, respecto da produción que non leva tratamento.
  • Kennebec,o produto funcionou moi ben, cun tratamento aumentou a produción respecto da produción estándar.

Os mellores resultados producíronse na variedade máis abundante na Limia, co que os beneficios seméllanse que sexan óptimos.

Esta previsto seguir estudiando o largo deste ano, en colaboración coa IXP e o Centro Agrogandeiro, os mellores estados fenolóxicos das distintas variedades para obter mellores resultados. E o ano que ven vaise facer o estudio en microparcelas.

De todas as parcelas fíxose análise de residuos e os resultados foron que en ningunha das doses superouse o limite máximo de residuos autorizado

Resultados na variedade Kennebec