Boa calidade na pataca desta colleita e aumento significativo na produción

A colleita 2021 e o convenio para a construción de 42 pozos
Boa calidade na pataca desta colleita e aumento significativo na produción

As baixas temperaturas do verán propiciaron a boa calidade do tuberculo e a cantidade recollida

Amador Díaz, presidente dos produtores de pataca da Limia, analiza a campaña 2021, na semana que case todo o mundo remata a colleita.

Cualifica esta campaña como boa, “xa era hora”, comenta de que a Limia teña un ano bo no que a calidade é moi boa, a cantidade pode superar a do ano pasado nun 20/25% e o prezo, de momento mantense.

Tamén nos da a súa opinión sobre o convenio asinado esta mesma semana coa Consellería para facer 42 pozos en varias comarcas da Limia.