Unha boa herdanza e un bo facer é a futura circunvalación para a nosa vila. Xa empezaron os desterros do ensanchamento na zona do Zepetal que continuará pola zona Sitibal e o Bouzo.
O Grupo Municipal Popular, encabezado polo seu portavoz Antonio Fernández “Toni”, estivo visionando in situ o inicio destas obras, tan importantes para quitar o transporte pesado do centro da vila e mellora da circulación da mesma.
Unha boa herdanza e bo un facer con noso Goberno Autonómico, de máis de 2 millóns de €; ou as outras obras feitas ou presupostadas como o asfaltado do Parque Empresarial, melloras Estación de Autobuses, beirarrúas Av. de Madrid, melloras da Torre de Pena ou o Barrio de Abaixo.
Ou outras negociacións que o anterior Grupo de Goberno, do Partido Popular, xestionaba coa Xunta:
.Mellora do Campo da Feira
.Mellora e acondicionamento da zona da báscula da rúa Rosalía de Castro
.Mellora do alumeado da Av. de Portugal
.Mellora do Grupo San Sebastián
.Acondicionamento como paseo peonil da marxe esquerda do río e mellora da marxe dereita
.Acondicionamento e mellora da Casa de Cultura
.Paseo peonil e de bici dende o núcleo urbano ata as instalacións da Moreira
.Mellorar e acondicionar con tartán a pista de atletismo da Moreira
.Un polideportivo anexo ao pavillón municipal para dar cabida a toda a demanda deportiva.