Os bombeiros confirman que o vertido é alquitrán mesturado con auga

IMG_20210427_220830
Os bombeiros confirman que o vertido é alquitrán mesturado con auga

Non puideron facer nada, posto que votar mais auga, solo faría chegar máis residuos ao rio

Sobre as 22h unha dotación con dous camións de bombeiros achegáronse ata o cruce da rúa Carmen Nóvoa coa Sitibal e ponte de Lamas, avisados pola alcaldesa, segundo notificou o responsable de prensa, pero eles non puideron facer nada, posto que eles pensaban que o vertido era de aceite de algunha maquinaria.

Ao ser alquitrán mesturado con auga, se seguen a votar auga están agravando e levando máis materia ao rio.

IMG_20210427_202303

Aspecto da balsa de auga e vertido

A EMPRESA ESTIVO FACENDO UN REGO ASFÁLTICO AS 18,30

Un dos veciños comentoulle a dendealimia que esta tarde a empresa que está a facer os traballos nas pistas colindantes, como o anaco ese estaba xa vello polo uso, fixeron un rego asfáltico líquido para que quedara todo como se fose asfaltado novo. Niso botouse a chover e o resultado é o que se pode apreciar nas fotos.

AVISO A GARDA CIVIL

Despois de estar a Policía Local facendo o informe “in situ” Elvira Lama, continúa aclarando o responsable de prensa chamou a Garda Civil, recibindo a resposta que a aquelas horas, xa de noite, pouco se podía facer. Que mañá pola mañá desprazaranse ata Xinzo membros do SEPRONA para continuar a investigación.

IMG_20210427_220707

Os bombeiros pechando a rúa ao paso de vehículos