Como cada ano, o terceiro domingo do mes de outubro, a Igrexa universal lémbrase dun xeito especial dos misioneiros. Nesta xornada baixo o lema RENACE A LEDICIA , reza por eles e colabora económicamente na súa laboura que con frecuencia se desenvolve cos máis pobres.
Os donativos que neste día se xuntan serven para atender os proxectos relixiosos, sociais, sanitarios e educativos que os misioneiros levan a cabo nos 1.100 territorios de misión.
O ano pasado na campaña do DOMUND xuntouse nas cen parroquias do arciprestadego da Limia 16.280,90 €
CONCELLOS |
DONATIVO |
% POR HABITANTE |
Baltar |
954,30€ |
0,92€ |
Blancos |
787,10€ |
0,86€ |
Calvos de Randín |
445,43€ |
0,43€ |
Cualedro |
1597,06 |
0,85€ |
Porqueira |
414,20€ |
0,43€ |
Rairiz de Veiga |
697,63€ |
0,45€ |
Sandiás |
660,00€ |
0,50€ |
Sarreaus |
517,70€ |
0,37€ |
Trasmiras |
1387,82€ |
0,92€ |
Vilar de Barrio |
523,70€ |
0,34€ |
Vilar de Santos |
1.928,04€ |
2,08€ |
Xinzo de Limia |
6.126,92€ |
0,59€ |
O gráfico reflexa claramente que o Compromiso x Galicia do concello de Vilar de Santos vai máis alá das súas fronteiras. Os bos e xenerosos fan realidade o vello dito de que a tarefa misioneira é cousa de todos.