“ Buenos días España” álzase co Premio ao Mellor Curto do Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV

607
“ Buenos días España” álzase co Premio ao Mellor Curto do Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV

Sete curtos máis reciben premios especiais do festival

A II edición do Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV xa ten gañadores. Esta noite desveláronse os nomes das curtametraxes premiadas no transcurso dunha gala celebrada no Auditorio de Verín. \“Bos días España\” foi galardoado co Premio ao Mellor Curto do Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV, o curto dirixido por María Barceló, Irati Cano, Sara Pisos e Carlos Reyes, foi realizado en 2017. A curta tenta transmitir a vida dun grupo de antigos lexionarios que se reunen nun antigo cuartel de Barcelona.

Tamén recibiu unha mención do xurado o curto \“ Why is difficult to make films in Kurdistan\” de Ebru Avci, un filme turco do ano 2017 que ten como protagonista a unha moza que tenta convencer á súa familia, de corte tradicional, de que lle deixe estudar cinema, mentres grava a súa vida diaria.

608A gala foi presentada polos actores Machi Salgado e Alberto Rolán. Tomarón a palabra Gerardo Seoana, Alcalde de Verín; Diego Lorenzo, Tenente Alcalde do Concello de Verín; Emilia Somoza, Concelleira de Cultura e Carlos Montero, Director do Festival. Durante a gala tamén actuaron os músicos e grupos: David Rivada, Dolce Vita e The Resaca Brothers.

Xurado

O xurado foi composto polo crítico de cinema Nicolás Azalbert; Juan Soto , cineasta colombiano; Lura Correa-Montoya, Master en Artes e Letras; Juán Osorio-Villegas, Master en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporanea da Universidade Pompeu Fabra (Francia); Maider Fernández, educadora, artista e realizadora e Nora Soa, xornalista, empresaria e directora do Festival Internacional de Cinema Independente de Ourense. Algunhas categorias tiveron xurados especiais como o premio CREA e AGAG, así como un premio que foi outorgado polo público.

Festival Vila do Conde

Hoxe tamén se proxectaron unha selección de curtos participantes no Festival de Vila do Conde, dentro da homenaxe que o Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV quixo brindarlle no seu 25 aniversario. O festival celebrado en Vila do Conde (Portugal) é un dos festivais máis relevantes dese país e esta homenaxe é unha demostración dos lazos entre estes dous eventos.

PREMIADOS POR CATEGORÍAS

-Categoría \“ Entroido - Outra Mirada\”: Explosion ma baby, dirijida por Pauline Curnier Jardin, unha produción holandesa-francesa rodada no 2016. Narra a historia de como a directora vive as festas de San Sebastrian en agosto.

- Categoria \“Migración/Fronteira-Horizontes\”: Borders de Damjan Kozole, unha produción realizada en Eslovenia no ano 2016. As miradas dos eslovenos, que están no camiño dos refuxiados, que aparecen en cámara intercambiándose coa dos espectadores.-

Categoria \“Galego/Portuguesa - A Raia\”: Flores, un filme portugués de Jorge Jácome realizado en 2016. A poboación das Azores é evacuada por unha praga de hortensias. Dous soldados relatan as tristes historias daqueles que foron forzados a marchar.

- Categoria \“ Nova\”: A Voz Perdida de Marcelo Martinessi, curta realizada en Paraguai, en 2016. A partir dunha entrevista orixinal sobre a masacre de Curuguaty, esta curta interroga a historia recente de Paraguai.

-Premio do Público á mellor Curtametraxe: She´ s Beyond Me de Toru Takano. Un ano, Kazuki, un novelista incipiente, pasa as vacacións estivais na súa illa natal traballando en novas novelas. Inesperadamente é posto á fronte do hostal no que se aloxa, onde coñece a Reiko e Yuka, hóspedes procedentes de Tokio, no seu primeiro día. Kazuki sente que empeza a namorarse locamente de Reiko, unha muller cun perfil moi parecido ao da súa antiga noiva, coa que saíu hai 10 anos. Unha noite, mentres están a tomar algo os tres, ven metidos nun bo apreto causado polo comportamento carente de sentido de Yuka.

-Premio CREA á mellor Curtametraxe: Matria, dirixida por Álvaro Gago en 2017, unha curta española que trata sobre Ramona, que vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafios que se lle presentan a súa vida diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e neta.

609

-PREMIO AGAG: Este premio foi para duas curtas: Coelho Mau e Vos Humores Artificais.

Coelho Mau de Carlos Conceição: Un mozo díscolo castiga ao amante da súa nai. A beleza e o horror acaríñanse. A morte convértese en prostitución en forma de neno.

Os Humores Artificiais de Gabriel Abrantes: Unha película sobre o humor, a antropoloxía e a intelixencia artificial. Céntrase en como o humor é clave nas relacións humanas, emprégase a modo de control social e constitúe unha das formas máis complexas de comunicación.

-Premio \“ Numax Award for Distribution\” : Este premio tamén ha recaido en dous curtos: Borders e O Becerro Pintado.

Borders de Damjan Kozole: unha produción realizada en Eslovenia no ano 2016. As miradas dos eslovenos que están no camiño dos refuxiados que aparecen en cámara intercambiándoas coa dos espectadores.

O Becerro Pintado de David Pantaleón: Os que renden culto ao Becerro de Ouro basean a súa vida no materialismo, pretenden obter bens e riquezas coa súa adoración. A mentira e o saqueo transfórmanse nunha práctica común.

-Premio Camira da Crítica: Farpôes Baldios de Marta Mateus, fim portugués a finais do século XIX, os campesiños en Portugal comezaron unha valente loita para conseguir mellores condicións laborais. Tras xeracións de miseria e fame, a Revolución dos Caraveis
sementou a promesa da reforma agraria. Principalmente na rexión do Alentejo, estes traballadores rurais ocuparon as grandes propiedades que pertenceran aos seus señores. Posiblemente, ou xerme perdido doutros froitos… Non Alentejo dicíase que cando algo se perdía os que estaban a buscar debían volver ao comezo. Debemos rezar e pedir a Santa Lucía que despexe nosa vista para que podamos ver e mirar mellor. Os protagonistas desta película, resistentes na loita, moitos deles analfabetos, que traballaron desde a súa infancia, contan a historia aos mozos de hoxe en día, coas súas propias palabras.