Búscanse voluntarios para participar nunha xira española pola infancia

xira infancia
Búscanse voluntarios para participar nunha xira española pola infancia

O premio por colaborar será unha viaxe de balde a Tetuán

España é a día de hoxe o segundo país de Europa co maior índice de probreza infantil.¡, logo de Romanía. Ante esa grave situación, a Asociación Infancia, Cultura e Educación pon en marcha unha xira por 52 provincias españolas. A intención é asentar as bases dun gran proxecto para tratar de reducir os mçais de dous millóns de nenas e nenas que están en situación de pobreza no país.

A xira pasará pola provincia de Ourense e con tal fin búscanse 20 voluntarias e voluntarios na Limia. As actividades que terán que facer son sinxelas e apenas esixen de moito tempo pois a maioría delas non son presenciais. En total son dez as tarefas por facer que pasan por labores de difusión da xira, conseguir contactos con empresas e ONG que traballen coa infancia, coordinar a visita da xira cando chegue a provincia… Toda a información pode consultarse a través da páxina do Facebook pondo no buscador Xira Española pola Infancia. Para anotarse como voluntarios débese enviar un e-mail a giraespanaporlainfancia@gmail.com.

Cada equipo de voluntariado irá sumando puntos ó longo da xira en función da labor que desempeñen. A intención é que o grupo de máis puntuación sexa premiado cunha viaxe a Tetuán en maio de 2016. Unha semana con tódolos gastos pagados, incluído transporte en autobús, barco e seguro de viaxe. Incúe a maiores un encontro formativo en cuestións de voluntariado e cooperación internacional coa infancia.

Aínda non se concretou cando chegará a xira a Ourense, polo momento sábese que arrancará o 20 de novembro e finaliza o 29 de abril de 2016.