A cabalgata dos Reis Magos terá lugar só no pavillón de Xinzo no caso de que siga chovendo

cabalgata
A cabalgata dos Reis Magos terá lugar só no pavillón de Xinzo no caso de que siga chovendo

O Concello de Xinzo de Limia comunica que de non remitir a chuvia, a cabalgata de Reis terá lugar directamente no pavillón.

Estaba previsto que as súas maxestades de Oriente sairan da Casa da Cultura ás 17h da tarde, para percorrer as rúas principais da vila ata chegar o pavillón de deportes. A previsión meteorolóxica para tarde é de choiva e neve, polo que de cumplirse, os Reis non farán o tradicional paseo e recibirán ós máis cativos nas instalacións municipais.

A entrada pola tarde ó espazo onde se atopa o Limialandia será de balde.

Agora toca mirar ó ceo e mirar como se vai comportar o tempo.