A cadeira de rodas, cada vez máis preto

IMG-20150801-WA0002
A cadeira de rodas, cada vez máis preto

Xa van máis de 4.000 Kg de tapóns de plástico os recollidos pola NN.XX. de Xinzo.

O seu presidente José A. Parente quere agradecer a tódolos que están colaborando na recollida, sendo imposible nomealos a todos.

Esperan que antes de rematar o verán a acción solidaria comezada fai pouco máis de catro meses, teña o seu obxectivo cumprido, que non é outro que a compra dunha cadeira de rodas para un neno da Limia.