O café Bando's de Xinzo ofrece produtos especiais a súa clientela por Entroido

bandos
O café Bando's de Xinzo ofrece produtos especiais a súa clientela por Entroido

O festexo máis agardado do ano revoluciona a vila de Xinzo. Se as tendas de xoguetes mudan estes por disfraces, os locais de hostalería fan o mesmo cos seus produtos.

O café Bando´s incorpora ós seus postres as tradicionais orellas, filloas e cañas. Para que a xente colla forzas e poida seguir de troula pola rúa, ofrecen empanadillas, hamburguesas e bocadillos. O Entroido sempre ven acompañado de frío por iso inclúen callos, cachucha, morro e chourizo, para que os corpos entren en calor e aguantar mellor o ritmo do Entroido.

Son todos alimentos especiais que inclúen nestas datas ós que xa ofertan habitualmente e ademáis a prezos económicos.

O bar sitúase na rúa Peto de Xinzo de Limia, a carón da Estación de Autobuses.