Patricia F.S
26 de enero de 2016, 14:23
O Café-Bar Monforte premia á súa clientela co sorteo de catro entradas para asistir ó partido do Real Madrid fronte ó Espanyol. A cita deportiva terá lugar o vindeiro domingo 31 ás 20.30h.
Con cada consumición, o cliente recibirá unha rifa cun número. O sorteo celebrarase o venres 29 a partir das 21h no establecemento de hostalería.
Todas e todos que desexen tentar á sorte e gozar de catro entradas de balde para o partido no estadio Santiago Bernabéu, poden achegarse ó longo desta semana polo local situado na rúa Curros Enríquez, en Xinzo de Limia.