miércoles 20/10/21
ENTREVISTA AO CANDIDATO PÉREZ CAMPOS

A primeira cousa será facer unha auditoría das contas para saber a situación real en que se atopa o Concello

Neste momento  utilizan as piscinas uns 2.000  usuarios, pero a maior parte deles non pagan o carné

As festas tennas que pagar o pobo.

Eu non vou a formar parte nun grupo de goberno onde nos repartamos a alcaldía por meses.Quede no posto que quede non xogo a iso.

IMG_8576
Manuel Pérez Campos candidato de "XINZO ADIANTE-XA"

Cales serían as 5 primeiras accións que faría si fose alcalde?

A primeira será facer unha auditoría das contas para saber a situación real en que se atopa o Concello, en que se gastan os cartos e como se gastan.Ai unha serie de gastos que non está nada claro a onde van.

Simplemente saber a onde van, non por outra cuestión.Non é por motivo de que se desconfíe. Simplemente para saber cal e en realidade a débeda.Entendemos que os orzamentos están feitos por técnicos e non estamos de acordo, posto que deben facelos ós políticos.

O capítulo de gasto mais importante e o de persoal.

O principal e que os 143 traballadores cumpran coas súas función e coas súas  tarefas.A maior parte do persoal non está sendo utilizado adecuadamente. Por exemplo a brigada de obras entendemos que ten que facer mais función das que está facendo, pode facer outros traballos que neste momento se lle está encargando a empresas externas.Tamén entendemos que hai persoal que é necesario reubicar.Persoal administrativo, por exemplo. Non é normal que tendo persoal de sobra, a recadación se encargue a Deputación. A Policía Local, outro exemplo, ten que facer labores administrativas, cando as poden facer outros traballadores e eles dedicarse as súas funcións propias.

No referente a utilización das instalación deportivas dos IES e dos CEIP, referímonos as súas instalación cubertas. Os campos das piscinas están nunha situación calamitosa e o pavillón está desfasado, ata con goteiras.

As piscinas climatizadas.

O gasto actual das piscinas creo que é menor do que era.O problema mais grave e que non hai ningún control. Hai persoas que van utilizar as piscinas coma se fosen duchas. Neste momento  utilizan as piscinas uns 2.000  usuarios, pero a maior parte deles non pagan o carné iso e o que falla.Si todos pagaran a piscina non tería custe.

Outro cabalo de batalla e o conservatorio.Este ano houbo problemas para contratación de profesorado que facía falta, e vos decides que queredes aumentar a oferta.

Nos consideramos a música como unha profesión e o conservatorio de Xinzo ten moi boa fama polo seu profesorado.O problema principal ven pola Xunta de Galicia, que fai oídos xordos a este tipo de formación. Consideramos que os concellos deben unirse para reivindicar a Xunta o pago do profesorado. Neste caso Xinzo solo debería pagar os custes do edificio. Xa que é supramunicipal os custes ten que ser compartidos por tódolos concellos, incluído neste caso o de Verín, de onde sabemos que ven moito alumnado.De non ser así haberá que mirar o custe real do conservatorio,  falar  cos país e buscarlle unha solución. O que si está claro e que ten un custo que non lle corresponde.O problema e que os Concellos non reclaman de maneira adecuada a achega que ten que facer a Xunta para manter uns servizos que non lle corresponden, pero non solo este , se non outros, como servizos sociais etc. No caso do Concello de Xinzo é que é moi submiso ante a Xunta de Galicia. Nos reivindicaremos que sexa Ela a que corra cos gastos dos servizos que o noso Concello, por estar mais cerca do cidadán ten que dar, pero que non lle correspondería.

Como pretendedes relanzar o comercio local?

Entendemos que a situación do comercio local, por mor das grandes superficies non pode ser competitivo. Nos pretendemos crear un ente onde os comerciantes estén unidos e se poida por exemplo facer unha central de compras.Desta maneira poderían ter os prezos mais baratos.

Pero a nos o que mais nos importa é o comercio de proximidade.temos unha praza de abastos de 18 postos  e solo ten ocupados 4. Nos pretendemos que aí se poidan vender os produtos da zona directamente, por exemplo a pataca da Limia, no súper está a 1,2 € e vendida aí podería estar o mellor a 50 Ctmos.A través desas medidas pretendemos relanzar o comercio.

Así mesmo para aqueles que queiran abrir un novo negocio, si es mozo/a e creas o teu propio negocio estaría exento ao 100% da licenza de obra e de apertura.

Parece que a circunvalación e unha reivindicación de todos?

Para nos a circunvalación é absolutamente necesaria. Sendo senador o Sr. Pérez Bouza, xa se levou o Senado unha moción para que se fixera, e daquela o senador Sr. Vila votou en contra. Non podemos permitir que o tráfico pesado, sobre todo o de gando, que deixa una “aroma” característico siga pasando pola praza do pobo.

Servizo concertado de transporte para ir o médico e acudir as feiras. Non fai esa función o 065? Penso que ningunha empresa  lle compensa esta contrata?

IMG_8577

Precisamente por iso ten que ser o Concello quen o subvencione.A nosa idea non é que haxa un transporte que pase asiduamente polos pobos, que non fai falla. A nosa idea é que cando unha persoa maior necesite un transporte para un deses servizos chame a un tf. E se lle mande un taxi, a un prezo módico. Ese custe do servizo para o Concello tería que vir doutro sitio, por exemplo de servizos sociais.O Concello aboaría unha cantidade mínima, e o resto sería por conta do usuario.Tamén aí días que se podería facer un transporte regular, como poden ser os días dos análise ou das feiras. O problema do Concello de Xinzo, entendendo por Concello, non a casa, se non o conxunto de todo, está paralizado. Temos que facer un plan integral para aumentar a poboación, e así aumentaríamos os ingresos e os postos de traballo.Non dentro do concello, que xa hai suficientes.

Hai moita xente que non está censada en Xinzo, e hai que facer unha labor de concienciación cidadá.Hai que convencer a xente dos beneficios que ten estar censado en Xinzo, e tamén os perxuicios de non estalo.É un problema de concienciación, temos que falar coa xente, non solo para pedirlle o voto.Se non é así “isto váísenos abaixo”.Queremos que isto medre en persoas, en comercios, que desaparezan os letreiros de “se alquila”, que creza o emprego, e que isto sexa mais dinámico.

Que vai a pasar coas festas. Quen as ten que pagar?

Rotundamente o pobo. O Concello ten que colaborar, pero quen as ten que pagar é o pobo.A cuestión e que nestes momentos hai discrepancias entre o comercio e a comisión de festas. Non quero entrar nos motivos. Os veciños e veciñas de Xinzo , vamos deixar aparte ó comercio, teñen que darse conta de que as festas teñen un custe, e non e o mesmo que iso vaia a conta de uns poucos que sexa a conta de moitos. En varios Concellos, pásase un recibo o ano para as festas, por exemplo en Allariz. Os veciños de Lamas pagan 140 € para ter as súas festas.Si facemos unha cota por exemplo de 30 € por 6000 veciños, serían 180.000 €. Xa teríamos para as festas. Todo isto volvo a repetir é unha cuestión pedagóxica.Hai que facelo dende a humildade. Falar cos veciños e explicarte a situación do Concello, e as festas que queremos, e dependendo do que se queira, se queremos mais charangas ou menos, mais orquestras ou menos…Si queremos unhas festas como é debido temos que contribuír entre todos. No entroido igual. O Concello ten que contribuír con algo , que pode ser facendo cousas, pero quen ten que pagar as festas é o pobo.Igual que o imposto de circulación non o paga todo o mundo,pero si o 90%, isto sería igual. Aparte a cantidade de 30€ parécenos simbólica.

Que cousa fixo este goberno estrepitosamente mal, e outra que estivera ben?

Para a segunda teño que pensalo un pouco.O que si teño claro é que o que mais me fastidou durante estes catro anos foi a DEIXADEZ, non se fixo absolutamente nada.Fálase de grupo de goberno y eu falo de 9 concelleiros que cada un andou a súa bola, nin se falan entre eles. Si un gasta nisto o outro vai onda o alcalde a queixarse, pedindo el tamén gastar. Todo se fixo po lucimento persoal. Non houbo un programa de dicir, Que Xinzo queremos?. As obras que se fixeron viñeron dadas.Aquí non se fixo nada.

Crees na enquisa da La Región?

Eu creo nas tendencias. A enquisa de La Región de fai 4 anos acertou, practicamente saíu o que se anunciara. Eu teño os pes no chan, eu creo nas tendencias. Eu levo dende o mes de abril do ano pasado intentando facer unha candidatura veciñal. Eu intentei cos meus ex –compañeiros do bloque de facer esta candidatura veciñal, e esa é a tendencia, na que eu creo. Si a ouvéramos feito, outro galo cantaría. Eu penso que a xente quere ese cambio. O partido popular non goberna para o pobo, goberna para intereses particulares dos veciños.Non se goberna para o conxunto. O alcalde non se ve por o pobo, nin tomando un café, nin nas festas. Un alcalde ten que ser próximo, e este non o é. A cidadanía creo que quere un cambio, o caso e que saibamos transmitirllo.

Si o PP,no obtivese a maioría, que pasará o día seguinte?. Serán capaces BNG, PSOE e XA de formar un grupo de goberno?

Ese grupo ten que ser iso un grupo.Eu aspiro a alcaldía.Todo ten que pasar por uns principios de programa mínimos. Si non se da iso, ala eles. Eu o que non vou a facer é un reparto, isto pa ti, isto para min.Despois da experiencia do tripartito, que foi mala. Aquilo non era un reparto de tarefas. Todo ten que ser baixo un acordo mínimos.Neste caso un concelleiro de Medio Ambiente, por exemplo, non pode facer o que el queira, el forma parte dun grupo e terá que facer o que se acorde no grupo, mellor dito polos cidadáns. Se non e así eu apéome.Eu non vou a formar parte nun grupo de goberno onde nos repartamos a alcaldía por meses.Quede no posto que quede non xogo a iso.

Con un programa de mínimos, veste pactando co PP?

En principio NON. Non porque o PP é o responsable desta situación, e non creo que por parte deles se puidera chegar esa idea principios  de mínimos.Por outra banda, eu teño que dicir que durante os catro anos eu presentei creo que unha ducia de propostas que foron aprobadas por unanimidade. Isto foi motivado por ser propostas “mocións” serias e responsables. Eu ese aspecto de dialogo sempre o tiven.De formar goberno NON, pero si que teño claro que entre todos temos que chegar a acordos, si iso se dera ,por mor do pobo de Xinzo.

Si as circunstancias se deran de que as outras formacións políticas non aceptaran o programa de mínimos, tería que gobernar o PP en minoría. Repito que eu aspiro a alcaldía, pero con maioría absoluta.

Comentarios